miércoles, marzo 28, 2007

De la sociedad Fulano – Mengano

Parece ser que antes de asociarse con Roberto Gatto, Miguel Mengano estuvo asociado a Juan Carlos Fulano

"El Correo Gallego", mediante una carta de lectores, firmada por Pedro G. Valadés\Vigo nos ilustra hábilmente lo sostenido en la línea anterior (aún cuando el idioma presente dificultad).

Paso a transcribir en su idioma de origen:

Malas artes
Fulano e Mengano deciden de mutuo acordo xuntar os seus respectivos capitais e montar un negocio. Negocio que sen a suma dos diñeiros de Fulano e dos diñeiros de Mengano sería imposíbel de botar a andar. Unha vez o negocio está xa en marcha deciden que, en función dunha pequena maior achega de diñeiros por parte do señor Fulano, sexa el o encargado, o director, o xerente do negocio conxunto.
Mais resulta que un bo día, ao chegar ás portas da tenda, o señor Mengano atópase coa nova da súa expulsión do negocio que até entón rexentaban Fulano e Mengano. A incríbel acción do encargado (lembremos, o señor Fulano), tiña na súa subxectiva opinión plena xustificación nun suposto non entendemento co seu socio.
E incluso o señor Fulano, o encargado, afirmou que desde o primeiro día tiña decidido, (planifido?) actuar como ao cabo actuou co seu socio, socio que lembremos achegou case o 50 % do capital preciso para botar a andar esta iniciativa.
Non son xurista. Ignoro se a figura legal que retrata feitos como este é fraude, estafa ou calote. Do que si teño plena certeza é do cualificativo que un feito coma este tería na rúa, un roubo. Con premeditación e alivosía. Un roubo con maiúsculas.
Pois esta é a situación que vivimos estes días desventurados en Vigo. O señor Ventura utiliza o capital achegado polo BNG para tomar a alcaldía e unha vez no despacho oficial do primeiro andar... Un goberno apoiado nas malas artes nunca pode ser un bo goberno.

No hay comentarios.: